A voz sobre protocolo de Internet, tamén coñecida como VoIP ou telefonía IP, é un conxunto de recursos que fan posible que o sinal de voz viaxe a través de Internet.
Con estes recursos enviamos a voz en formato dixital por Internet en lugar de envíala mediante os circuitos de empresas telefónicas.
Esta é unha gran vantaxe para evitar o alto custo das chamadas, principalmente nas chamadas a longa distancia.
Cando se fai unha chamada VolP entre dous usuarios en Internet, non se paga nada. So se paga cando a chamada se fai a un número de teléfono fíxo ou a un móbil. Deste xeito, un usuario de Nova York pode chamar a un amigo ou amiga a Barcelona de forma moi económica.
Actualmente, existen diversos protocolos que permiten este servizo. Uns son privados, como no caso de Skype, e outros son libres, como SIP ou Jingle. O problema é que non son compatibles: un usuario do Skype non pode contactar con SIP.
No comments:
Post a Comment