Wednesday, April 27, 2011

Transmitir datos a través da luz

Os datos informáticos baséanse na numeración binaria. Na comunicación infravermella, esta numeración pódese entender ou codificar como O, se non hai luz, e 1, se a hai.
O equipo emisor transforma os datos que hai que enviar nunha codificación de O e 1 para apagar ou acender o led. Este envía lampos de luz a determinada velocidade (acendida) ou interrompe a emisión (apagada). Cando o equipo receptor recibe a luz, transforma a secuencia dos lampos de luz en datos.
Así pois, podemos dicir que hai un cable virtual por onde pasan os datos dun elemento a outro. Este tipo de comunicación que permite enviar os bits de información un detrás doutro chámase comunicación en serie. Por isto, é habitual configurar a conexión de infravermellos dos ordenadores como un nova conexión de serie.

No comments:

Post a Comment