Os elementos que necesitamos para crear unha rede sen cable na casa son un punto de acceso para conectar ao encamiñador, e un dispositivo Wi-Fi para conectar ao ordenador.
Un punto de acceso é un dispositivo encargado de conectar dispositivos Wi-Fi para crear unha rede sen cables. Habitualmente, tamén dispón dun conectador para rede con cable e permite conectar a rede sen cable coa rede de cables.
Moitos dos encamiñadores actuáis xa levan incorporado o punto de acceso, e ofrecen tres servizos nun so equipo: rede sen cable, rede con cable e encamiñador para, Internet.
No equipo encamiñador atópase a antena, que serve para as comunicacións sen cable; as catro conexións para a rede Ethernet (de cor amarela), e finalmente, a conexión de comunicación con Internet.
Para establecer comunicación co punto de acceso, o noso ordenador necesita un dispositivo Wi-Fi. Este dispositivo serve para recibir e emitir as ondas de radio que levan a información. Pódese conectar ao ordenador con tres elementos: tarxetas PCI, tarxetas PCMCIA e tarxetas USB.
PCI | · Serven para equipos de sobremesa que dispoñen desta conexión. · Son moi eficaces, xa que a súa funcionalidade é equiparable á dunha tarxeta de rede normal. · A única dificultade é que se ten que manipular no interior do ordenador. |
PCMIA | · Destinadas a equipos portátiles. · Foron as primeiras tarxetas que se crearon, xa que esta tecnoloxía estaba pensada para os equipos de alta mobilidade, como os portátiles. ·As primeiras tarxetas PCI eran PCMCIA cun adaptador a PCI. |
USB | · Destinadas tanto a equipos de sobremesa como a portátiles, porque son moi sinxelas de conectar a un equipo. ·Ao principio eran dispositivos moi grandes, pero actualmente a tecnoloxía creou dispositivos tan pequenos como os lapis USB. |
No comments:
Post a Comment