Elaboración de documentos de forma colaborativa: Podemos crear, administrar e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde Internet a través do navegador web. Taimen podemos exportar o documento a diferentes formatos utilizados habitualmente en ferramentas ofimáticas estándar. A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets (documentos e follas de cálculo). | |
As wikis: De forma sinxela e intuitiva, permiten crear, modificar, enlazar e borrar o contido dunha páxina web colaborativa. Podemos crear unha wiki persoal, aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia. | |
As bitácoras ou blogs: Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenan automáticamente un tras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag, en inglés) para organizar os artigos por temas. Os lectores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto | |
Os foros ou grupos de discusión: Permítennos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade, é unha ferramenta moi utilizada para exponer dúbidas e obter solucións. | |
A mensaxaría instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real. É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero que non ofrecen as mesmas prestacións. Tamén admite o uso da imaxe e o son para establecer videoconferencias. | |
Wednesday, April 27, 2011
Ferramentas de participación e colaboración
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment