Wednesday, April 27, 2011

O protocolo Bluetooth

O protocolo Bluetooth
Bluetooth é un protocolo estándar de comunicacións de IEEE 802.15 para a transmisión de voz e datos sen cables entre dispositivos, mediante unha radio­frecuencia segura e de alcance global.
Cando se comezaron a desenvolver os produtos Bluetooth de primeira xeración, os seus destinatarios eran persoas dedicadas aos negocios que viaxan a miúdo. Isto orixinaba unha serie de cuestións previas que había que solucionar:
· O sistema debía operar en todo o mundo.
·O emisor de radio tina que consumir pouca enerxía, xa que debía ser integra­do en equipos de batería.
· A conexión debía soportar voz e datos e, polo tanto, aplicacións multimedia.
· A tecnoloxía había de ser de baixo custo (o obxectivo era chegar a so cinco dólares por dispositivo)
Grazas a Internet, desenvolvéronse novas tecnoloxías e novos servizos, pero tamén evolucionaron tecnoloxías xa existentes. É o caso da telefonía.

No comments:

Post a Comment