Friday, June 17, 2011
Monday, May 23, 2011
Tuesday, May 10, 2011
Conectores IDE e SATA
Conectores IDE e SATA: Conectores que conectan la placa base con el disco duro, el reproductor de CD o la disquetera, transmitiendo datos. Los conectores IDE están quedándose anticuados, y , en los ordenadores más nuevos están siendo substituídos por los conectores SATA
Estos conectores están conectados al disco duro, a la placa base, a los buses y cables de datos y al lector de CD y DVD.
Estos conectores están conectados al disco duro, a la placa base, a los buses y cables de datos y al lector de CD y DVD.
Monday, May 9, 2011
Memoria RAM
É unha memoria volátil que garda os programas en execución mentres estás traballando co ordenador, unha vez que o apagues a memoria quédase en branco.
-Canta máis memoria, máis rapido funciona o ordenador.
-Na actualidade emprégase ata 8 xigas de memoria.
Wednesday, April 27, 2011
Os protocolos TCP/IP
Os protocolos TCP/IP garanten que todos os ordenadores se comuniquen sen problemas como unha rede única.
· TCP ou protocolo de control de transmisión (transmisión control protocol). É un conxunto de regras establecidas na transmisión de información entre ordenadores que garanten que os datos serán transferidos sen erros e na mesma orde en que foron transmitidos.
· IP (Internet protocol) é un enderezo mediante o cal se identifica cada ordenador que está conectado a Internet. Dito doutro xeito, a través de Internet os ordenadores conéctanse entre si mediante os seus enderezos IP respectivos.
Ferramentas de participación e colaboración
Elaboración de documentos de forma colaborativa: Podemos crear, administrar e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde Internet a través do navegador web. Taimen podemos exportar o documento a diferentes formatos utilizados habitualmente en ferramentas ofimáticas estándar. A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets (documentos e follas de cálculo). | |
As wikis: De forma sinxela e intuitiva, permiten crear, modificar, enlazar e borrar o contido dunha páxina web colaborativa. Podemos crear unha wiki persoal, aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia. | |
As bitácoras ou blogs: Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenan automáticamente un tras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag, en inglés) para organizar os artigos por temas. Os lectores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto | |
Os foros ou grupos de discusión: Permítennos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade, é unha ferramenta moi utilizada para exponer dúbidas e obter solucións. | |
A mensaxaría instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real. É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero que non ofrecen as mesmas prestacións. Tamén admite o uso da imaxe e o son para establecer videoconferencias. | |
Subscribe to:
Posts (Atom)