Friday, June 17, 2011

Tuesday, May 10, 2011

Conectores IDE e SATA

Conectores IDE e SATA: Conectores que conectan la placa base con el disco duro, el reproductor de CD o la disquetera, transmitiendo datos. Los conectores IDE están quedándose anticuados, y , en los ordenadores más nuevos están siendo substituídos por los conectores SATA

Estos conectores están conectados al disco duro, a la placa base, a los buses y cables de datos y al lector de CD y DVD.

Monday, May 9, 2011

Memoria RAM

É unha memoria volátil que garda os programas en execución mentres estás traballando co ordenador, unha vez que o apagues a memoria quédase en branco.

-Canta máis memoria, máis rapido funciona o ordenador.
-Na actualidade emprégase ata 8 xigas de memoria.
-A memoria RAM vai colocada nunhas ranuras que están situadas sobre a praca base,e estan suxeitas por dúas pezas de plástico.

A memoria RAM esta conectada a placa base.

Wednesday, April 27, 2011

Os protocolos TCP/IP

Os protocolos TCP/IP garanten que todos os ordenadores se comuniquen sen problemas como unha rede única.
· TCP ou protocolo de control de transmisión (transmisión control protocol). É un conxunto de regras establecidas na transmisión de información entre ordenadores que garanten que os datos serán transferidos sen erros e na mesma orde en que foron transmitidos.
· IP (Internet protocol) é un enderezo mediante o cal se identifica cada orde­nador que está conectado a Internet. Dito doutro xeito, a través de Internet os ordenadores conéctanse entre si mediante os seus enderezos IP respectivos.

Ferramentas de participación e colaboración


Elaboración de documentos de forma colaborativa: Podemos crear, administrar e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde Internet a través do navegador web. Taimen podemos exportar o documento a diferentes formatos utilizados habitualmente en ferramentas ofimáticas estándar. A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets (documentos e follas de cálculo).



As wikis: De forma sinxela e intuitiva, permiten crear, modificar, enlazar e borrar o contido
dunha páxina web colaborativa. Podemos crear unha wiki persoal, aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia.





As bitácoras ou blogs: Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenan automáticamente un tras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag, en inglés) para organizar os artigos por temas. Os lec­tores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto
Os foros ou grupos de discusión: Permítennos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade, é unha ferramenta moi utilizada para exponer dúbidas e obter solucións.

A mensaxaría instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real. É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero que non ofrecen as mesmas prestacións. Tamén admite o uso da imaxe e o son para establecer videoconferencias.